Adeus ríos, adeus fontes

Co obradoiro Adeus ríos, adeus fontes, a Biblioteca de Galicia pretende facer unha homenaxe á grande escritora galega, Rosalía de Castro. A través desta actividade os rapaces mergullaranse na figura desta poetisa  a través dalgún dos seus poemas máis significativos. Ao longo do obradoiro os nenos farán unha colaxe onde mesturar as palabras e os termos utilizados por esta figura universal.