Atlantic Emprende + Gaiás

Data: 
24/03/2018 a 25/03/2018

Atlantic Emprende + Gaiás propón un espazo de encontro entre profesionais, emprendedores, estudantes e empresas da industria musical. En total serán dous días de conferencias, formación, espazos de debate e networking, que pecharán con cadanseu concerto acústico de artistas do panorama galego actual.

Ao longo destas dúas xornadas, que se desenvolverán no Edificio CINC da Cidade da Cultura o 24 e 25 de marzo, os asistentes poderán coñecer mellor a realidade do sector musical e os seus retos e oportunidades, así como explorar novos mercados e liñas negocio, tanto dentro do sector como noutros ámbitos que busquen potenciar o seu negocio traballando coa música como ferramenta.

Entre os temas que se abordarán en Atlantic Emprende + Gaiás estará o rol da música no desenvolvemento dos territorios e do sector turístico; novos modelos de eventos e festivais adaptados a novos públicos; creación de marca e novas estratexias de comunicación e promoción na industria musical; ou aspectos máis específicos como a nova Lei de Espectáculos. No web www.atlanticfest.com/gal-emprende-gaias pode consultarse o programa completo das xornadas, que son de balde previo inscrición.