Curso Deseño Gráfico

Data: 
02/03/2019 a 11/05/2019

O Instituto de Medios Sociales organiza un Curso de Deseño Gráfico dirixido a autónomos, empresarios, estudiantes, investigadores e, en xeral, a todas aquelas persoas interesadas en adquirir a habilidade para enfrontarse a un proxecto profesional.

O curso inclúe a aprendizaxe das ferramentas de dúas das aplicacións da Suite Adobe máis empregadas polos deseñadores, Illustrator e Photoshop, e coas que o alumnado se adentrará no deseño vectorial e o retoque fotográfico. As clases presenciais terán lugar no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia.

Metodoloxía

  • Curso presencial de 40 horas. Sábados 2, 9, 16, 23 e 30 de marzo; 6, 13 e 27 de abril; 4 e 11 de maio.
  • Horario: de 10.00 a 14.00 na Cidade da Cultura.
  • O resto das horas, ata completar as 100, dedicaranse á docencia virtual e ao desenvolvemento dun proxecto titorizado.

Tras a superación do curso entregarase un certificado. Existe a opción de avalar o título coa Apostilla de La Haya.

Matrícula

290 euros (desempregados e estudantes e socios Clúster TIC Galicia: 270 euros). Existe a posibilidade de abonar a matrícula en dúas cuotas (50% ao comezo e 50% ao final).

Máis información na web do Instituto de Medios Sociales.