O Nobel Serge Haroche visita o Gaiás

Santiago de Compostela, 19 de Xullo de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañou hoxe o premio Nobel de Física 2012, Serge Haroche, na súa visita á Cidade da Cultura de Galicia, un percorrido no que tamén participou o profesor Jorge Mira. Haroche visita estes días a capital galega no marco do Programa de divulgación científica ConCiencia 2017, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela.