VI Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia

A Cidade da Cultura acolle o sábado 1 de xullo de 2023 a sexta edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, que reúne unha ducia de formacións de toda Galicia nun certame destinado a dar a coñecer o traballo que fan as formacións máis novas das bandas de música populares galegas.

Así, arredor de 600 rapaces e rapazas participan no Gaiás neste Festival onde cada formación interpretará un repertorio especialmente escollido para o certame, e terán ademais a oportunidade de gozar dunha xornada de convivencia na que coñecer a rapazada de toda a xeografía galega, co nexo común do seu amor pola música. O Festival incluirá unha actuación da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, constituída por rapaces e rapazas de bandas populares de toda Galicia. 

Programa da xornada

MAÑÁ

11.00 h | Apertura institucional e interpretación do Himno Galego [*no Xardín do teatro]

11.30 h | Banda da Escola de música de Xinzo (Ponteareas)

12.00 h | Banda Xuvenil de Vilatuxe

12.30 h | Chiquiband - Agrupación Musical da Limia

13.00 h | Banda da escola de música de Vilaboa

13.30 h | Banda-Escola de Música de Barro

14.00 h | Minibanda de Vilalba


TARDE

16.30 h | Banda de música Santádega

17.00 h | Banda infantil Unión Musical de Meaño

17.30 h | Banda xuvenil da Escola de música de Salvaterra

18.00 h | Banda infantil ACM Sementeira de Narón

18.30 h | Banda Escola da Unión Musical de Tenorio

19:00 h | Banda Sinfónica Xuvenil Galega

20:00 h | Entrega de diplomas e despedida