As palabras perdidas | Teatro Día Europeo das Linguas

A Biblioteca de Galicia organiza con motivo do Día Europeo das Linguas a representación teatral As palabras perdidas. Trátase dun espectáculo de teatro versátil, unha proposta que anima a falar galego dun xeito divertido, dinámico e moderno e que pon en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia. Coñeceremos esas palabras que se atopan máis agochadas!

Argumento

A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, decátase de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes, palabras como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”. As palabras fuxiron da historia,  borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto. 

 
En familia