Obradoiro 'Francisco Asorey. Xogando coas formas' | Día das Artes Galegas na Biblioteca de Galicia 2024

Este ano o homenaxeado no Día das Artes Galegas é o escultor cambadés, Francisco Asorey. Con este motivo a Biblioteca de Galicia organiza un obradoiro para dar a coñecer a este marabilloso e singular artista entre os máis pequenos e pequenas. Co obxectivo de achegar os trazos máis representativos da súa vida e a súa obra, desenvolverase unha proposta na que os e as asistentes ao obradoiro crearán as súas propias esculturas a partir dun bosquexo que se realizará en papel.

O material que se utilizará no desenvolvemento da actividade será un bloque de materia branda, que nos permitirá realizar pequenas tallas dunha forma cómoda e segura, sen ter que reparar na forza de materiais como a madeira, a pedra e o mármore, que son os verdadeiros protagonistas das esculturas deste xenial escultor.

 
En familia