Descubrindo o Castelao maxistral

Con Descubrindo o Castelao maxistral poñemos en marcha un formato de visita-relatorio na que convidamos a figuras especialistas en Castelao para que nos axuden a afondar na persoa e no personaxe, co gallo da exposición no Museo Centro Gaiás de Castelao maxistral

Os convidados para guiar este relatorio son Miguel Anxo Seixas Seoane, Lourenzo Fernández Prieto e Antón Costa Rico, que fan un percorrido pola exposición Castelao maxistral aportando a súa ollada experta.

Unha vez rematada, ofrecen un pequeno relatorio na Aula Seminario, do Museo Centro Gaiás, sobre as súas liñas de investigación sobre Castelao.

DATAS:

 
Exposicións