A Bailar. Orquestra de Cámara Galega

A Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba, volve á súa cita co Atardecer no Gaiás con dous novos concertos. Como en anos anteriores, a OCGa xogará co público, que non saberá o repertorio ata que non o viva en directo.

A primeira cita será con A bailar, concerto no que a Orquestra de Cámara fará un percorrido desde a música concibida para ser bailada, desde o Barroco ata os nosos días. Unha viaxe no tempo baixo a mirada das estrelas e cos pés nas pedras do Gaiás.