Coworking - Tablón

 
Santiago de Compostela, 07 de Xuño de 2018

Reunión mensual da coordinación do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, dirixida a todas as empresas residentes, tanto no Viveiro como no Coworking, e destinada a informar das actividades do Centro e outros temas de interese para as persoas emprendedoras do CEM.

Santiago de Compostela, 05 de Xuño de 2018

O 5 de xuño ten lugar a seguinte sesión do programa de formación e titorización destinado a persoas emprendedoras e impartido no Centro de Emprendemento do Gaiás. Neste caso, trátase do obradoiro 'Ferramentas de Venda', unha actividade formativa co obxectivo de identificar e aprender a empregar diferentes técnicas de venda, priorizando as ferramentas máis oportunas para a actividade comercial no sector cultural e creativo.

Santiago de Compostela, 08 de Maio de 2018

O 8 de maio terá lugar a seguinte sesión do programa de formación e titorización destinado a persoas emprendedoras e impartido no Centro de Emprendemento do Gaiás. Neste caso, a sesión tratará sobre dereitos de autor, propiedade intelectual e protección de datos e estará impartida polo avogado e axente da propiedade industrial, Alberto Álvarez.

Santiago de Compostela, 30 de Abril de 2018

O Instituto Galego do Viño -empresa do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura-, organiza este ano a quinta edición do Curso Superior de Sumiller Profesional.

O curso iniciouse o 25 de setembro de 2017 e finalizará o 21 de maio de 2018. As clases teñen lugar todos os luns, en sesións de 10 horas e en horario de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00, na sala OFF da Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de Abril de 2018

O Instituto de Medios Sociales imparte os sábados pola mañá un curso especializado en SEO, SEM e Analítica no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia. Será en horario de 9.00 a 14.00 horas no Cubículo do CEM.

Páxinas