Descobre a maxia das estrelas e as noites de Compostela na Cidade da Cultura. O complexo do Gaiás acollerá un ano máis as sesións de observacións astronómicas, nas que poder poderá gozar das estrelas e da arquitectura do complexo a un mesmo tempo.
A través de telescopios e prismáticos, e seguindo as explicacións técnicas dos monitores do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, os participantes observarán a lúa, planetas, estrelas dobres, nebulosas… Ademais, coa axuda dun planisferio, aprenderán a identificar as constelacións a simple vista e poderán participar en sesións especiais como A noite das Perseidas, para gozar a noite do 12 de agosto das ‘Bágoas de San Lourenzo’
Unha oportunidade única de coñecer a cara quizais menos coñecida e máis misteriosa da Cidade da Cultura.
*Aviso: No caso de que as condicións meteorolóxicas non sexan favorables, realizarase unha sesión didáctica no auditorio da Biblioteca e Arquivo de Galicia.






