No obradoiro deste domingo eliximos unha instantánea na que aparece un abano tradicional xaponés para realizar unha manualidade sinxela pero moi creativa, na que crearán o seu propio abano de papel. Para completar esta sesión darémoslle a coñecer aos asistentes parte das máscaras do teatro Noh, unha arte tradicional xaponesa que cativou a José Suárez, relacionándoas á súa vez coas emocións que nos inspiran.
28 feb 2026
Ás 17:30








