Programa Videoxogos e Emprendemento

Desde o vindeiro 16 de abril e ata o 25 de maio, unha vintena de mozos e mozas menores de 30 anos á procura de ampliar e mellorar as súas competencias profesionais poderán formarse na Cidade da Cultura en desenvolvemento de videoxogos e creatividade dixital. Será a través do programa Videoxogos e Emprendemento, unha iniciativa formativa da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, e cofinanciada pola Fundación Cidade da Cultura e a Fundación Incyde a través do Fondo Social Europeo. O curso, enmarcado no Programa Operativo de Emprego Xuvenil, desenvolverase todas as semanas no Centro de Emprendemento do Gaiás.

O curso está dirixido a mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, xa sexan emprendedores ou profesionais, que queiran iniciarse no desenvolvemento de videoxogos, así como a aqueles interesados en ampliar e consolidar os seus coñecementos no campo da creatividade dixital. O obxectivo da acción é promover o éxito empresarial entre os participantes, xa sexa a través de novas oportunidades de crecemento ou de novas iniciativas empresariais.

Nun contexto no que o sector dos videoxogos é un dos de maior potencial de crecemento e innovación da industria dos contidos dixitais en España, este curso busca complementar o perfil de mozos e mozas que xa finalizaron os seus estudos e se atopan en situación de desemprego con formación especializada de utilidade para o seu futuro profesional.

Deste xeito, o programa aborda, dunha banda, as principais disciplinas vinculadas co desenvolvemento de competencias técnicas e artísticas no mundo do videoxogo, como poden ser produción, arte, deseño e desenvolvemento visual, deseño de personaxes, contornas e props, modelado, texturas, animación 2D e 3D ou efectos visuais. Por outro lado, inclúe tamén contidos dirixidos ao desenvolvemento de proxectos emprendedores nesta área das industrias culturais, como poden ser temas de marketing, finanzas ou modelos de negocio.

Ademais das sesións de formación conxunta, nas que se impartirán os contidos xerais do programa, o curso inclúe accións de acompañamento e titoría individualizada –destinadas a orientar a cada alumno en función do seu perfil profesional– e sesións de mentoría e seguimento –destinadas a apoiar aos participantes na creación do seu proxecto emprendedor–.

 
 
De martes a sábado
11 horas
visitas Comentadas 2017
22 XUÑ - 21 SET
Todos os xoves do verán | Do 5 de xullo ao 13 de setembro
19h | 22.30h
5 XULLO-18 AGOSTO
21 horas
Todos os venres do 29 de xuño ao 17 de agosto
Dese as 19h ata as 12h do día seguinte
Todos os sábados do verán (excepto 28 de xullo e 25 de agosto)
24 e 31 AG | 7 e 14 SET
21 horas
25 Agosto
De 16 a 20 horas
26 - 30 de agosto de 2018
#EAN8: VIII Encontro de Artistas Novos 'Cidade da Cultura'
30 AGO - 25 NOV
De 10 a 20 horas
21 de setembro
21 horas