Posando, posando: e ti, como te ves?

José Suárez outorgáballe gran valor aos retratos que realizara a escritores e artistas compañeiros de exilio. Recollendo esta importancia, no obradoiro deste domingo empregaremos técnicas artísticas cooperativas para realizar entre todos e todas un retrato de cada un dos asistentes. A partir destes retratos traballaremos nocións tan importantes como o autoconcepto, a autoestima e a imaxe que teñen de nós as demais persoas.