Patrimonio industrial: memoria e cultura

O 9 de xuño celébrase o Día Internacional dos Arquivos. O Arquivo de Galicia quere contribuír á reflexión sobre o interese do patrimonio documental para o mantemento da memoria colectiva do que constitúe o noso patrimonio industrial e, en definitiva, a nosa cultura coa inauguración da exposición Patrimonio industrial: memoria e cultura.

A exposición estará instalada no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia (Cidade da Cultura de Galicia) entre os días 7 de xuño e 30 de setembro.

Xunto a un número destacado de expedientes de concesión e autorización de aproveitamentos de augas, e de concesión de dominio público hidráulico, amosará outros procedentes da Xunta de Galicia, da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela, do Banco Gallego ou do fondo da Familia Vilariño Pintos. Todos eles son valiosas testemuñas da historia do desenvolvemento industrial de Galicia.

Ao redor da exposición haberá actividades como:

  • Xornadas de portas abertas ao Arquivo de Galicia e visitas guiadas á exposición os días 7, 10, 11, 12, 13 e 14 de xuño, entre 9-14 h., cunha duración aproximada: 1 h.
  • Visitas guiadas á exposición dende o 10 de xuño ata que se clausure, cunha duración de 45 minutos.

 

 

 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h