Os arquivos e a información nos medios sociais

A Secretaría Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Arquivos, convoca ao curso “Os arquivos e a información nos medios sociais” que se impartirá os días 3 e 4 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, na sala 1 do edificio da Biblioteca e do Arquivo de Galicia.

Este curso estará a cargo de José Luis Muñoz Romano, do Arquivo Central da Secretaría de Estado de Educación, persoa moi activa na difusión dos arquivos a través dos medios sociais, e colaborará Francisco Sandoval Verea, do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, quen ven elaborando contidos da páxina de Facebook deste arquivo dende hai anos.

Os profesionais dos arquivos poderán achegarse ás oportunidades que ofrecen os medios sociais, tanto as redes sociais (Facebook e Twitter fundamentalmente, pero tamén Instagram, Flickr, LinkedIn, Pinterest ou Stotify), como os blogs, os sitios web (Youtube, Slideshare ou Wikipedia) e ás utilidades de ferramentas audiovisuais como Podcasts, videos, exposicións virtuais e fotografías. Falarase tamén da creación e xestión de contidos e das boas prácticas nesta canle de difusión.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2