Os Amigos dos Músicos

Os Amigos dos Músicos son tan aliens como gaiteiros de Nashville. Cantan o que se lles poña por diante: cantigas de amigo, alalás de Xurxo Souto ou poemas de Carvalho Calero, todo mesturado con algo de electricidade e un pouquiño de tradición, nuns directos inesquecibles e nunca semellantes. 

O ano pasado lanzaron un sinxelo con dúas cancións que preparaba o camiño do que será o seu primeiro disco, que sairá en outono deste ano. Entre as cancións do traballo estará a súa versión de Aí vén o maio, o poema de Curros Enríquez que popularizou Luís Emilio Batallán en forma de canción.