Organización e xestión dunha exposición temporal

Con motivo da exposición Camiño. A Orixe, o Museo Centro Gaiás ofrece a oportunidade de adentrase na organización dunha exposición temporal, analizando as diferentes fases e técnicas de traballo deste proceso, desde a concepción da idea ata a inauguración.

Con 150 obras procedentes de 70 institucións nacionais e internacionais, Camiño. A Orixe constitúe un caso de estudo axeitado para analizar aspectos como a definición do concepto e discurso dunha exposición, a selección e petición de obra, as relacións coas institucións cedentes, o deseño da montaxe, o seguro e transporte das pezas ou a edición do catálogo.

As xornadas analizarán tamén as relacións entre arte e historia,  coa presenza de prestixiosos investigadores e especialistas na cultura xacobea, e abordarán a dimensión emocional do Camiño, así como a ollada a este itinerario desde a creación contemporánea.

Persoas relacionadas coa dirección de museos, comisarios, técnicos de exposición, conservadores de obra, responsables de colección, arquitectos, historiadores e investigadores, todos ofrecerán aos participantes unha visión integral  da organización dunha exposición.

Consulta o programa na área de descargas.

 
 

 
Visitar
 
pdf 579.07 KB
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
23 Abril 2024
De 9.00 a 21.00 horas