Obradoiro de creación plástica a partir da obra de Luís Seoane

A Biblioteca de Galicia, situada na Cidade da Cultura, conmemora o Días das Artes Galegas, que se lle dedica a Luís Seoane cun obradoiro de creación plástica, impartido pola editorial OQO.

O obradoiro constará de tres partes:

  •  O xogo das formas

Crearemos un banco de formas abstractas para que os participantes poidan xogar con elas. De xeito aleatorio irán seleccionando algunhas delas para que sen saber o fin concreto da súa acción, as estampen ou pequen de xeito fortuíto sobre un prego de papel.

  • Presentación do artista

Axudándonos dunha proxección baseada en obras do artista, achegarémonos ao universo simbólico da súa obra.

  • Mans á obra

O primeiro será facer o esforzo de atopar nesas formas abstractas unha posible figura, algo que nos lembre a realidade que nos rodea: unha muller, unha flor, unha mesa...

Unha vez rematado o xogo de búsqueda, daráselles pintura negra e un pincel para que tracen con liñas a forma que teñen no seu maxín e deste xeito facer visible a figuración que permanecía oculta.

 **Ao final da actividade repartirase entre os/as asistentes un “kit de creación”, co que poderán realizar novas propostas.