Nocturnas 2016

Descubrir unha nova cara da mostra Con-fío en Galicia acompañada dun pestico ofrecido por Galicia Calidade, unha cata de viño da D.O. Ribeiro e unha sesión DJ. Esta é a proposta do Museo Centro Gaiás para as noites de verán, nas que moda, arte, gastronomía e música irán da man.

Nun percorrido guiado especial, os participantes nas Nocturnas realizarán unha viaxe pola Historia da moda e do téxtil da man de Miguel Cajigal, á que seguirá un momento musical da man de Nano Vinilo, unha cata da D.O. Ribeiro e un petisco cortesía das marcas incluídas no selo Galicia Calidade, convertendo o espazo artístico nun lugar para a reflexión, a contemplación e o disfrute.

Programa

6 Xul | Visita guiada + DJ Nano Vinilo + Viño da DO Ribeiro por cortesía da Adega Nairoa + Petisco Galicia Calidade por cortesía de Lácteos Anzuxao.

13 Xul | Visita guiada + DJ Nano Vinilo + Viño da DO Ribeiro por cortesía da Adega Reboreda + Petisco Galicia Calidade por cortesía de Lácteos Anzuxao.

20 Xul | Visita guiada + DJ Nano Vinilo + viño da DO Ribeiro por cortesía da Adega Viña da Cal + Petisco Galicia Calidade por cortesía de Lácteos Anzuxao.

27 Xul | Visita guiada + DJ Nano Vinilo + Viño da DO Ribeiro por cortesía da Adega Reboreda + Petisco Galicia Calidade por cortesía de Lácteos Anzuxao e Conservas Escurís.

3 Ago | Visita guiada + DJ Nano Vinilo + Viño da DO Ribeiro por cortesía da Adega Nairoa + Petisco Galicia Calidade por cortesía de Lácteos Anzuxao e Conservas Escurís.

10 Ago | Visita guiada + DJ Nano Vinilo + Viño da DO Ribeiro por cortesía da Adega Reboreda + Petisco Galicia Calidade por cortesía de Lácteos Anzuxao e Conservas Escurís.

17 Ago | Visita guiada + DJ Nano Vinilo + Viño da DO Ribeiro por cortesía da Adega Viña da Cal + Petisco Galicia Calidade por cortesía de Lácteos Anzuxao.

24 Ago |  Visita guiada + DJ Nano Vinilo + Viño da DO Ribeiro por cortesía da Adega Pazo do Mar + Petisco Galicia Calidade por cortesía de Lácteos Anzuxao.

31 Ago |  Visita guiada + DJ Nano Vinilo + Viño da DO Ribeiro por cortesía da Adega Viña da Cal + Petisco Galicia Calidade por cortesía de Lácteos Anzuxao.

 

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
23 Abril 2024
De 9.00 a 21.00 horas