Nexos Infantil 2017

Nexos volve prestar especial atención aos máis pequenos, aos que introducirá nos diferentes aspectos da vida que se inclúen no ciclo a través de actividades lúdicas e didácticas coas que aprender xogando.

Dirixida a nenos de Primaria –de 5-6 a 11-12 anos-, cada sesión artellarase baixo a fórmula: ler, facer, falar.

  • Ler | Pequena aproximación aos libros relacionados coa sesión a través dunha lectura conxunta dunha ou varias das obras, un contacontos ou unha actividade musical.
  • Facer | A diversión tamén está asegurada a través de actividades lúdicas e didácticas na que os nenos participarán de forma activa. Cada sesión será única, con actividades que van desde técnicas de escritura automática e creación de murais a xogos de dramatización coa posibilidade de caracterización de maquillaxe e vestiario, xogos nos que a música e o ritmo sexan protagonistas ou xincanas coas que agudizar os sentidos e resolver enigmas.
  • Falar | Como peche das actividades, extraeranse unha serie de conclusións e propiciarase o debate e o intercambio de ideas no ámbito familiar.