Nadal Rock

Este Nadal vivirémolo a ritmo de rock and roll no Museo Centro Gaiás. Da man dos bailaríns de Blanco y Negro Studio aprenderemos todos os pasos necesarios para que ninguén quede sen saír á pista. E tras converternos en perfectos rockabillys, bailaremos xunto a Mad Martin & The Blue Christmas Combo ao son dun clásico do rock: Elvis' Christmas Album, terceiro disco de estudo do rei do rock e todo un referente para recopilatorios de Nadal. Xunto a el, clásicos de Brian Setzer, Bill Haley & His Comets, Reverend Horton Heat ou JD McPherson para realizar un completo percorrido polo mellor rock and roll. 

Mad Martin & The Blue Christmas combo son Manuel Somoza, batería (Clan Moriarty, Doctor Gringo, Los Lombardi , Mad Martin trío) Juyma Estevez, contrabaixo ( Valentín Caamaño trío, Gold & Cold) Alejandro Casquero, piano ( Bakin' Blues Band, Los Chavales) Martín Esturao, Mad Martin, voz, guitarra (Clan Moriarty, Los Feliz, Doctor Gringo, Mad Martin trío).