Mes da ciencia | A pegada dos peixes

Os peixes son animais vertebrados que ocupan unha gran variedade de hábitats no medio acuático e, para adaptarse a estes ambientes, desenvolveron morfoloxías moi diversas. Podemos fixarnos nas súas aletas, na posición da súa boca ou no tamaño dos seus ollos para observar as distintas formas que presentan. Se temos nas nosas mans un rodaballo, unha pescada ou un cabaliño de mar, xa podemos decatarnos que existen peixes moi diferentes entre sí, pero … Por que son tan diferentes? Para que lles serve cada aleta? Por que uns teñen uns ollos tan pequenos e outros tan grandes? Como é un peixe plano cando nace?

A través desta actividade, incluida na programación do Mes da Ciencia en galego, daremos resposta a estas cuestións dun xeito creativo e divertido. Apalparemos as distintas anatomías dos peixes e empregaremos unha técnica de expresión artística xaponesa (O Gyotaku) para plasmar en papel e téxtil estas anatomías tan diversas e curiosas.

 

 
En familia