I Feira de Innovación USC-ABANCA

A Universidade de Santiago de Compostela e ABANCA unen as súas forzas para organizar a I Feira da Innovación USC-ABANCA, que terá lugar os vindeiros 27 e 28 de novembro na Cidade da Cultura.

O evento servirá para amosar o compromiso das dúas entidades no desenvolvemento do país, nunha xornada de portas abertas que achega á cidadanía a oferta formativa, investigadora e de transferencia de coñecemento de USC e ABANCA, así como a súa aposta decidida por difundir a cultura emprendedora entre os estudantes universitarios.

Entre as actividades que poderán atopar os visitantes ao longo das dúas xornadas, figuran as exhibicións de diferentes tecnoloxías empregadas no eido da investigación (impresión 3D, drons, robots, lentes 3D...), exemplos de spin-offs xurdidas a partir da labor investigadora da Universidade, presentación de patentes, obradoiros de emprendemento, charlas e conferencias divulgativas e toda unha serie de contidos ligados á comunidade universitaria e de interese para o colectivo de estudantes, docentes, empresas e a sociedade en xeral.

Na programación da feira intégrase tamén o III Campus Abanca, con obradoiros e relatorios sobre os retos da transformación dixital, a industria 4.0 e as profesións do futuro.

A oferta formativa da USC, IESIDE e as iniciativas ABANCA INNOVA e ABANCA TALENTS estarán presentes no evento para completar os esforzos da Feira por visibilizar todas as oportunidades que os estudantes universitarios teñen á súa disposición para sacar rendemento da súa curiosidade, talento e capacidades.

Máis información na web do evento.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h