Homenaxe a Germán Lago: Relatorio e concerto

O Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura acolle un acto homenaxe á figura de Germán Lago, fundador e director de diferentes agrupacións musicais de pulso e púa, e que presentou en Madrid en 1929 a Orquesta Ibérica, formación de bandurrias, laúdes e guitarras que contou dende os seus comezos coa favorable atención dos críticos e compositores da Xeración do 27 e numerosos contratos discográficos.

No 50 aniversario do seu pasamento, o seu legado artístico (cartas, fotografías e os cadernos, doados polo matrimonio Esther Casado-Antonio Navarro) chegará ao Arquivo de Galicia para a súa conservación, o seu estudo e a publicación dunha monografía en 2019.

Esta homenaxe servirá que as persoas asistentes se acheguen aos principais fitos biográficos de Germán Lago nun relatorio do guitarrista e investigador galego Samuel Diz seguido dun concerto do Cuarteto Aguilar.

O músico e investigador galego Samuel Diz, autor de Guitarra clásica galega (Ouvirmos) estudia e analiza a biografía musical de Germán Lago xunto co matrimonio Esther Casado-Antonio Navarro, co obxetivo de publicar en 2019 unha monografía agardada polas numerosas formacións de pulso e púa ao longo da xeografía galega e española.

Maís información polo miúdo deste músico e do relatorio-concerto na sección de prensa da Cidade da Cultura de Galiciahttp://www.cidadedacultura.gal/gl/novas/concerto-e-relatorio-en-homenaxe...