Familia Caamagno

Son cinco amantes do pop e o rock, constitúen un dos conxuntos músico-vogais con máis tirón do panorama musical galego e xuntos forman unha gran familia. Concretamente Familia Caamagno. Tras a excelente acollida do predecesor Hai que andar cos tempos!, a Familia Caamagno achéganos unha nova entrega da súa música refrescante en Para unha vez que saímos, un variado percorrido polos diferentes ritmos musicais que tanto idolatran os nosos protagonistas: desde o rock'n'roll bailongo e acelerado, ao que xa nos teñen acostumados, de Monstro Subnormal ou Eu Moto Run‐Run, pasando pola escuridade garaxeira de O Tempo do Lobo, os 60's máis clásicos de Lausanne, e rematando por terreos menos explorados polos Caamagnos como a lixérsica Fuga de Cerebros ou a power pop Non saio máis.

A veterana disqueira Lixo Urbano, que no 2015 cumpríu 20 anos de actividade, é a encargada de editar a gravación en formato vinilo e disco compacto, e a Familia Caamagno encargarase de executalo ao vivo nos seus xa afamados e enérxicos shows, coa sa intención de cumprir un dos seus consabidos obxectivos fundacionais: corromper e dexenerar á mocidade do século XXI a través do baile e a diversión lasciva do rock'n'roll.

 
Música & Escena
 

Cultura

  • (1)

Música

  • (1)