O peche da exposición Camiño. A orixe e do ciclo Enocións by Ribeiro: o Camiño da Emocións non podía ter outro protagonista que o mestre da palabra Carlos Blanco. A través do seu humor, a súa retranca e as súas historias, os participantes nesta última experiencia Ribeiro poderán degustar varios viños da D.O. galega como nunca antes o fixeran. Sumiller e monologuista alternaranse nesta sesión na que, por suposto, o público poderá visitar previamente a exposición Camiño. A orixe.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH

