El TIENEUNALGO de NOSÉQUÉ. Con Chelo Matesanz

Entradas esgotadas

Chelo Matesanz propón experimentar plasticamente en torno á idea de disfraz, non só na festa do Entroido como excelencia, senón no disfraz como Metamorfose, como transformación da identidade individual ou colectiva. O disfraz, a indumentaria e as súas posibilidades plásticas e expresivas serán a base deste obradoiro no que, a través da iconografía popular, os participantes xogarán coa duplicidade, a transformación, a mutación…

Chelo Matesanz (Reinosa-Cantabria, 1964) é licenciada en Belas Artes, nas especialidades de Pintura e Audiovisuais, e doutora pola Universidade do País Vasco. Na actualidade, é profesora titular de Pintura na facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo) onde impartiu docencia ao longo dos últimos vinte anos. A súa actividade céntrase na práctica artística xunto á actividade docente e investigadora. Independentemente ao ensino, Chelo Matesanz conta cunha traxectoria creativa iniciada en 1986 que a levou a realizar unha vintena de exposicións individuais e máis dun cento colectivas, tanto nacionais como internacionais. As súas obras están presentes en coleccións como a do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a Fundación Coca-Cola ou a Colección Testimoni.

 

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas