Crebacabezas fotográfico

O obradoiro desta semana centrarase na serie fotográfica Mariñeiros. Presentaránselle as diferentes instantáneas aos máis cativos e cativas e, a partir delas, deberán realizar de maneira cooperativa unha serie de crebacabezas de diferentes niveis de complexidade, atendendo ás súas idades.

Isto completarase cunha gran proba final que terá lugar no espazo exterior da Cidade da Cultura, con diferentes retos que levarán aos cativos e cativas a conseguir as pezas dun gran crebacabezas. Ademais da peza en si descubrirán tamén unha pista sobre o contido do cadro, en concreto o relacionado coas emocións que reflicte. Unha vez reunidas todas as pezas coas emocións que sabemos que transmite, o grupo deberá intentar representar a situación que imaxina. Posteriormente, entre todos e todas construirán o gran crebacabezas.

 
En familia
 
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas