Conferencia Elsa Punset - VI Premios Emprende Gaiás Sixto Seco

A escritora e divulgadora Elsa Punset, referente internacional na aplicación da intelixencia emocional como ferramenta para o cambio positivo, impartirá a conferencia 'Pequenas revolucións para a creatividade' no marco da entrega dos VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, cos que a Fundación Cidade da Cultura recoñece as mellores ideas emprendedoras no sector das industrias culturais e creativas. Estes galardóns contan co patrocinio de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a colaboración do Igape.

O acto terá lugar no andar -1 do Museo Centro Gaiás, o día 19 de novembro ás 19:30 horas.

Pequenas revolucións para a creatividade

Teñas a idade que teñas, a túa vida transcorre nun momento apaixonante. Estamos inmersos na revolución do coñecemento, que xera unha sociedade creativa xa ao alcance de todos. Os medios tecnolóxicos están disparando a xeración, o acceso e a aplicación das ondas de coñecemento que nos rodean. Isto está mudando as nosas vidas en xeral e a túa vida en particular, se queres. Vivimos vidas complexas, non sempre fáciles.

Temos cada día a oportunidade de traballar en campos e países distintos, pero para facelo necesitamos habilidades e competencias que sexan útiles en contextos diversos. Enfrontámonos a retos que nos obrigan a aprender e desaprender de forma constante, nun mundo en constante cambio, e iso obríganos a expornos ao fracaso e a vivir fóra das nosas zonas de confort.

Baixo o título 'Pequenas revolucións para a creatividade', Elsa Punset axudará a desvelar as claves dun cerebro adaptable e creativo, que podemos adestrar como un músculo para convivir e colaborar cos demais, para comunicarnos eficazmente, para ter relacións interpersoais satisfactorias, para resolver conflitos e para superar a adversidade, para tomar decisións estratéxicas, para expresar a nosa capacidade creativa...

Elsa Punset

Escritora e divulgadora de traxectoria recoñecida internacionalmente, Elsa Punset é licenciada en Filosofía e Letras e en Xornalismo pola Universidad Autónoma de Madrid, así como Máster en Humanidades pola Universidade de Oxford e en Educación Secundaria pola Universidad Camilo José Cela de Madrid.

Colaboradora habitual en programas de televisión como “El Hormiguero” e “Redes”, escribiu tamén máis dunha decena de libros, entre os que sobresae de maneira especial Una mochila para el Universo, éxito de ventas editado xa en máis de 14 países. En marzo de 2016 publicou El libro de las pequeñas revoluciones, que se atopa xa na súa sétima edición, con máis de 100.000 lectores. O seu último proxecto editorial é a serie de contos infantís ilustrados Los Atrevidos, cos que busca axudar a nenos e nenas a entender e xestionar de maneira axeitada emocións como o medo, a tristura, a ledicia ou a autoestima. Os contos inclúen ademais unha guía para pais, nais e educadores.

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas
3 - 5 Mai 2024
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h