Carteiro en bicicleta

Para celebrar o Día das Letras Galegas e renderlle unha homenaxe a Manuel María, a compañía Caxoto Contacontos porá en escena Carteiro en bicicleta, un espectáculo onde conflúen varias disciplinas a partir das experiencias e vivencias dun carteiro “dos de antes” que nos fala do seu traballo, da importancia que tiña o correo en tempos, de historias emocionantes e cheas de vida.

Por riba, este carteiro é unha persoa moi curiosas e ademais de percorrer as rúas de casa en casa, aproveita para coñecer a historia de cada rúa, dos seus nomes, das súas efeméredes... e sobre todo as dos grandes autores da literatura galega para compartilas cun público ávido de historias e de Historia. Unha forma chea de vitalidade de coñecer dende Rosalía de Castro, Castelao, Cunqueiro... ata Manuel María.