Camiño ao Gaiás 2017

A Fundación USC Deportiva volve brindarnos este verán a posibilidade de descubrir o patrimonio de Compostela dunha forma saúdable. Será a través dos roteiros Camiño ao Gaiás, que conectará a zona vella da capital galega coa Cidade da Cultura. 

Tras percorrer rúas históricas, a andaina chegará ao complexo deseñado por Peter Eisenman a través de espazos naturais como o Bosque de Galicia ou o Parque do Lago. E como novidade desta edición, Camiño ao Gaiás proponnos unha ruta nocturna desde a praza central ata a Praza de Galicia, poñéndolle un final saúdable ao Atardecer no Gaiás.

 

 
Visitar
 

Rutas

  • (1)
 
Todos os sábados do ano
11 horas
visitas Comentadas 2017
Sábados e domingos do 30 de setembro ao 29 de outubro; tamén xoves 12 e venres 13 de outubro
11 e 16.30 horas
24 de Outubro
De 12 a 13.30 horas