Aventuras literarias

Aventuras literarias busca traballar a promoción dos hábitos lectores e a animación á lectura. Vai dirixido a un público a partir de 7 anos e ata 12 anos, polo que esta actividade está creada cun formato que se adapta ás características desta franxa de idade, a medio camiño entre a nenez e a adolescencia. Trátase dunha especie de contacontos interactivo, a través do que se desentraña a historia narrada empregando xogos, enigmas, novas tecnoloxías, retos e probas.