A partir do álbum ilustrado A árbore tan pouco árbore, de OQO editora, constrúese este obradoiro para conmemorar o Día das Artes Galegas.
Nesta actividade proporase aos participantes que, con materiais reciclados e naturais (pedras, paus, follas, madeiras...) que se atoparán no mesmo espazo de traballo, fagan propostas plásticas colectivas de creación dos distintos espazos, reais ou imaxinarios, que se presentan na obra: selvas-illa, selvas-montaña....
Neste obradoiro utilizarase a técnica Ensamblaxe (assemblage) que se define como a creación escultórica a partir da unión de materiais e de obxectos non artísticos. Este termo foi aplicado por primeira vez polo artista de orixe francesa, Jean Dubuffet, en plena efervescencia dos movementos abstractos de experimentación, a comezos do século XX.
Deste xeito achegarémonos a artistas que utilizaron esta técnica nas súas creacións: Picasso, Lousse Nevelson, Jean Dubuffet...
Unha vez rematada a proposta plástica, cada equipo inventará unha historia sobre a selva e os seres que a habitan.








