Acubillando a fauna do Gaiás

A Cidade da Cultura convida aos escolares galegos a celebrar o Día do Medio Ambiente no Bosque de Galicia mediante a construción de caixas niño para paxaros e refuxios para morcegos e réptiles. 

Co obxectivo de concienciar aos máis pequenos da importancia de conservar a nosa biodiversidade, a Cidade da Cultura coa colaboración de Viaqua busca facelos partícipes no proceso de naturalización do ecosistema do Gaiás cuns obradoiros que permitan dar acubillo a parte da fauna que o habita.

Tras unha pequena charla sobre a importancia ecolóxica dos réptiles, aves e morcegos, os rapaces realizarán a montaxe de caixas niño e refuxios para distintas especies. Por último, os participantes colocarán os niños elaborados no Bosque de Galicia coa axuda dun monitor mentres que serán eles mesmos os que sitúen os refuxios dos réptiles en zonas próximas ao lago do Gaiás. Cada elemento será xeolocalizado mediante GPS para que os rapaces saiban exactamente onde os situaron e poidan volver periodicamente a comprobar a súa importante labor na protección do medio. 

 

 
En familia
 
Día do Medio Natural
Día do Medio Natural
Día do Medio Natural