Novas formas de Produción

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) celebrará o próximo día 23 de febreiro unhas xornadas dedicadas ao Audiovisual. Baixo o título Novas Formas de Produción trataranse temas como: Crowdfounding, Transmedia e net strategist e Branded content.

Esta xornada está subvencionada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e conta co apoio da Fundación Cidade da Cultura, Xunta de Galicia e EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales). O acto levarase a cabo no Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o día 23 de febreiro, en horario de 10:00 a 14:30h. Contará con un programa moi completo e con relatores de alto nivel. As xornadas darán comezo o día 23 de febreiro ás 10:00h e a inauguración e presentación dos relatores correrá a cargo do socio de Agapi, Jose Antonio Velo, da empresa Astrágalo Studio. A primeira ponencia (10.30-11.30h) CROWDFOUNDING estará conducida por Jesús Prieto Sacristán (Abogado, consejero CREA SGR). A continuación, (11.30-12:30h) seguirá un foro co tema TRANSMEDIA E NET STRATEGIST, a cargo de Elena Neira (Consultora marketing, redes sociais e tecnoloxía) e Berni Melero (CIO Knowdle Media Group). Despois dun breve descanso, a xornada continuará coa intervención sobre BRANDED CONTENT que contará unha vez máis coa intervención de Elena Neira (Consultora marketing, redes sociais e tecnoloxía) e Berni Melero (CIO Knowdle Media Group). A xornada chegará ao seu fin con un debate aberto cos asistentes. A entrada será gratuíta. Prégase confirmación de asistencia no correo electrónico: prensa@agapi.org antes do vindeiro 20 de febreiro.

 
 
Visita en línea
#aculturasegue
Nov 2025 - Abril 2026
De martes a domingo
28 Oct 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
A partir del 31 Mar 2026
De 11h a 14h y de 16h a 20h
16 Sep 2025 — 19 Jun 2026
7 - 10 May 2026
4 Jun — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h