FP Innova 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza novamente o Congreso de Innovación na Formación Profesional, que terá lugar os días 10, 11 e 12 de maio na Cidade da Cultura de Galicia. O congreso contará cunha zona expositiva, na que se amosarán algúns dos proxectos de innovación tecnolóxica e didáctica desenvolvidos por centros galegos de formación profesional, así como proxectos resultantes do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.  

Os obxectivos do congreso e da exposición son:

  • Facer partícipe a comunidade educativa e a sociedade da potencialidade dos centros de formación profesional cara á innovación tecnolóxica e didáctica e o emprendemento, destacando a importancia para o futuro das actuacións que se están a levar a cabo nos centros que imparten estas ensinanzas.
  • Difundir a importante actividade innovadora xerada polo profesorado e o alumnado de formación profesional: proxectos de innovación tecnolóxica en colaboración con empresas, a FP Dual, a Rede de Centros Integrados de Formación Profesional e as crecentes colaboracións co sector produtivo.
  • Dar un paso máis na relación coa pequena e a mediana empresa dos centros e das redes de centros de formación profesional, na procura dunha mellora continuada dos procesos produtivos, do incremento da competitividade e da internacionalización.
  • Afianzar a cada vez maior colaboración entre os centros de FP e os sectores produtivos correspondentes, que redunde nunha mellora da cualificación e da empregabilidade dos/das futuros/as profesionais.
 
 
Visita en línea
#aculturasegue
4 Jun — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir del 31 jul 2026
De 11h a 14h y de 16h a 20h
A partir del 31 Jul 2026
De 10 h a 20 h
Sep - Nov 2026
Convocatoria cerrada
09 Sep 2026 — 22 Jun 2027
Del 17 sep 2026 al 9 ene 2027
Del 24 sep - 30 nov 2026
Del 24 sep - 30 nov 2026
30 Oct 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h