O Museo Centro Gaiás acolle a recepción da Conferencia Anual da Regional Studies Association (RSA). Máis de 300 investigadores do ámbito da xeografía e o territorio, procedentes de todo o mundo, visitarán a Cidade da Cultura onde participarán nun cóctel e recepción institucional. Os investigadores participan estes días no congreso internacional que, baixo o título Pushing Regions beyond their Borders ten lugar en Santiago de Compostela, na Facultade de Xeografía e Historia da USC, entre os días 5 e 7 de xuño, organizado polo Grupo de Investigación de Análise Territorial.
Mar - Dec 2026
May - Oct 2026
Jun - Oct 2026
26 set 2026
Ás 18:00h





























