Na Biblioteca de Galicia lese poesía | Aldaolado

Nesta nova sesión do ciclo Na Biblioteca de Galicia lese poesía acompañaranos o dúo artístico Aldaolado, composto por Lucía Aldao e María Lado, dúas poetas galegas de consolidada carreira, que no ano 2005 decidiron unir os seus nomes e os seus esforzos creativos para dar lugar a esta proposta.

Aldaolado é un proxecto artístico orientado á poesía escénica, co que conseguiron facer do recital un acto atractivo, próximo e divertido para todo tipo de público, mesmo para aquel que nunca leu poesía. A súa espontaneidade e complicidade en directo é a base sobre a que crearon case unha ducia de espectáculos. Con eles actuaron en centos de escenarios do máis variado, tanto en Galicia como máis aló das nosas fronteiras. Nos seus espectáculos María e Lucía tratan temas de interese colectivo a través do humor, coma a lingua, o amor romántico, a igualdade de xénero, a vida de poeta e un longo etcétera.

Para este recital, Aldaolado quere unirse á celebración dos 10 anos de existencia da Biblioteca de Galicia facendo unha retrospectiva dos seus espectáculos poéticos da última década. Será un recital de nostalxia e revisión e segundio adiantan: "de agradecer e maldicir, a partes case iguais, o paso do tempo".

 
 
Visita en línea
#aculturasegue
Gratis
Punto de encuentro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes a las 17.00 horas
Dic 2023 - May 2024
25 — 29 Ago 2024
PLAZO DE INSCRIPCIÓN ABIERTO HASTA 24 MAY
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Planta 2
12 Sep 2023 - 21 Jun 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
3 - 5 May 2024
Jul 2024 — Ene 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h