Clic Xanela | Tercer consejo: Manejo del zoom

Terceira entrega de Clic Xanela!

Xa vimos que podemos facer as fotos desde o noso dispositivo ou desde unha aplicación. Tamén coñecimos que podemos controlar a exposición da foto para conseguir esa Clic Xanela desexada

Neste terceiro consello, imos afondar no control do zoom, que está moi de actualidade por ver como varía a perspectiva da nosa imaxe cando o empregamos.

O primeiro que nos aconsella o fotógrafo profesional Óscar Corral é que hai que saber diferenciar entre zoom dixital e zoom óptico.

Tamén nos indica que en hai dispostivios móbiles cunha soa cámara, pero tamén os hai con dúas, o que nos daría máis facilidades. 

Deste xeito, Oscar Corral acláranos que cando só temos unha cámara o noso telefóno só fará zoom dixital. E como o facemos? Cos dous dedos achegámos ou afastámonos da imaxe que procuramos, tamén se conta cun asistente lateral para isto. No entanto,  advírtenos que sempre que o empreguemos, perdemos calidade: É como se recortasemos unha imaxe e despois a ampliamos para vela máis grande. Polo tanto, aconsella evitar este tipo de zoom.

No entanto, se temos un dispositivo móbil con máis dunha cámara, podemos empregar as dúas. Unha para facela foto e a outra cámara para mudar e cambiar de perspectiva. Deste xeito, estamos a empregar un zoom óptico e non temos perda de calidade.

 
 
Visita en línea
#aculturasegue
Nov 2025 - Abril 2026
De martes a domingo
28 Oct 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Sep 2025 — 19 Jun 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
Convocatoria abierta
Plazo de solicitudes hasta el 8 de marzo
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 y de 16.00 a 20.00 horas
4 Jun — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h