El soul y el jazz de Xoana en Atardecer no Gaiás 2020

Santiago de Compostela, 21 de Julio de 2020

Atardecer no Gaiás —o ciclo de concertos de balde e ao solpor da  Xunta de Galicia na Cidade da Cultura— contará este xoves co soul e co jazz da portentosa voz da cantante Xoana, finalista co seu traballo ‘Dardos’ ao Mellor Disco en Galego dos Premios de la Música Independiente (MIN), onde chegou a estar nominada en sete categorías. Ao igual que os dous anteriores concertos destes solpores musicados, as entradas-convites están xa esgotadas.

Precisamente, o protocolo de seguridade sanitaria esixe que nesta edición haxa que reservar praza —limitada a 180 persoas por concerto e con posibilidade de ser dobre para conviventes— na páxina web da Cidade da Cultura de Galicia (www.cidadedacultura.gal), e que sexa obrigatorio acudir e ver todos os concertos coa máscara de protección. As actuacións estanse a celebrar ás 21 horas os xoves ata o 3 de setembro,  e neles está garantida a distancia social cun control de acceso e saída e colocación de pufs, que se disporán na Praza Central da Cidade da Cultura.

Este é o terceiro concerto do ciclo e, tanto a primeira actuación do músico vigués Fon Román, coma a do pasado xoves do dueto compostelán Verto esgotaron as entradas o mesmo día en que se abriu a inscrición. A reserva de praza para o resto de actuacións dos xoves de agosto e setembro —Guadi Galego, Quinteto Nós, dani, Budiño e Son Trío— abrirase o 27 de xullo.

Sou, jazz e pop

A voz poderosa coma unha diva soul de Xoana será a encargada de pechar os concertos de xullo do ciclo. A cantante do Porriño traerá a Atardecer no Gaiás a súas letras reivindicativas —escritas pola súa nai— ás que viste nunha variedade de xéneros que van desde o rock, ao funk e ao jazz, cos que pode amosar a forza sublime e a calidade do seu rexistro.

Esta valía levou a que con só 20 anos o seu primeiro traballo ‘Dardos’ se atopase nas semifinais en sete categorías nos Premios de la Música Independiente (MIN), chegando á final do Mellor Disco en Galego.

Programación en agosto

Guadi Galego abrigará a programación de agosto de Atardecer no Gaiás. Trátase dunha das artistas máis relevantes e premiadas da escena galega actual, froito dunha andaina musical que comezou en Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira e continuou con Espido e Nordestin@s. A súa carreira en solitario tamén está ateigada de éxitos, avalados polo agarimo do público e tamén do gremio, como demostran o Premio Martín Códax en Canción de Autor ou o recente Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español,  concedido polo seu último traballo ‘Immersión’. No Gaiás vaise poder gozar das reinterpretacións dos temas das súa carreira nas sete linguas peninsulares.

Seguiralle o xoves día 13 a actuación de Quinteto Nós, agrupación liderada por Marcos Teira, virtuoso guitarrista galego namorado do flamenco con  multitude de actuacións internacionais. Premio Martín Códax ao mellor proxecto co traballo Músicas del Mundo, no Gaiás ofrecerá un selecto repertorio de adaptacións a este xénero de temas de jazz e de rock. 

Trátase dun traballo colectivo no que participan Moisés Fernández, ao caixón; Alfonso Calvo, ao contrabaixo; Ton Risco, ao vibráfono; e Isaías Salazar, no baile.

Atardecer no Gaiás 2020 tamén mantén como sinal de identidade o de ser plataforma de artistas emerxentes, tal como é  o caso de dani, intérprete e compositora nada en Vigo fai 22 anos no seo dunha familia musical: os seus pais son Rosa Costas e Silvino Díaz, dous dos membros do mítico grupo Aerolíneas Federales.

No seu repertorio, recolle o legado de toda a tradición da música popular que recibiu desde pequena de Robert Johnson a Rufus Wainwright, de Beach Boys a Oasis ou de New Order a Charli XCX e Joe Crepúsculo, enriquecido cos seus estudos no Conservatorio Profesional.

Budiño e Son Trío para o peche do ciclo

Budiño será o encargado de ir despedindo Atardecer no Gaiás 2020. O músico de Cangas  presentará na Praza Central da Cidade da Cultura o seu último traballo, ‘Fulgor’. Nel racha con seis anos de silencio dándolle protagonismo a súa voz e cun disco indie, tras dúas décadas centrado na gaita, na frauta e na música tradicional. O público do Gaiás será testemuña da súa reinvención, tal e como el mesmo a define,  a través de dez cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo.

A expresiva voz de Su Garrido Pombo, as composicións ao piano de Katerina Linke e a arte de Susanna Blanco ao violoncello resoarán na Praza Central do Gaiás  o 3 de setembro como alfinete a esta edición de 2020. Estas tres músicas únense en Son Trío para ofrecer un repertorio de melodías de clásica, jazz ou folk,  integramente en galego, no que ademais de musicar a Celso Emilio Ferreiro ou Rosalía de Castro, entre outros, ofrecen versións propias de cancións populares galegas.