O 2 de outubro, o Edificio CINC da Cidade da Cultura acolle a presentación da curtametraxe LILITH, un proxecto de FADEMGA. Dirixida por Rafael de Ramón Herrera, LILITH é unha achega á realidade das mulleres con discapacidade intelectual: unha antoloxía de relatos que abordan dende unha perspectiva poética as dificultades, intolerancia e a discriminación que sofren estas mulleres no seu día a día.
A presentación da curtametraxe terá lugar no auditorio 1 do edificio CINC. Debido á limitación de aforo, as 45 primeiras persoas rexistradas asistirán ao primeiro pase (20:30) e as seguintes ao segundo pase (22:00 horas).
Feb - Sep 2026
De martes a domingo
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
Mar - Dec 2026
May - Oct 2026
Jun - Oct 2026


























