Verano en el Gaiás | As Nocturnas 2019

Vivide unhas noites de venres diferentes no Museo Centro Gaiás! Con As Nocturnas gozaredes dunhas visitas comentadas ás exposicións —Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia— en grupos reducidos e fóra do horario habitual para rematar estas descubertas nunha conversa pausada, amenizada con música e con viño e petiscos.

En definitiva, unhas noitiñas de verán distendidas cun plan diferente no que combinar arte e conversas pausadas con boa música e deliciosos petiscos.

 
Exposiciones