PLAYGROUND OBRADOIROS |1 NOV - 15:30H

PROGRAMA


Imos pórnos man á obra e inundar de aire un espazo público da Cidade da Cultura cun inchable xigante que se poida percorrer, no que se poida saltar, bailar e experimentar 
 
  • Imparte Equipo Mico | Taller E se a túa aula estivese baleira?

Os espazos educativos pouco teñen cambiado nas últimas décadas. Novas metodoloxías, ferramentas de evaliación, leis educativas chegan ás aulas, pero estas desenvólvense nun espazo estático e herdado. E se dotásemos os mestres e mestras das ferramentas que precisan para crear un espazo motivador?
 

Taller de xogo onde paseamos pola arquitectura, o debuxo e o deseño. Cando facemos un libro...estamos a construír?, hai arquitectura nun libro?, cando escribimos, estamos a debuxar? Dispoñeremos de libros singulares para esculcar e inspirarnos.
 
  • Imparte Little Architect | Taller Sustentabilidade e Global Goals en Arquitectura

Obradoiro para profesorado de Educación primaria y secundaria sobre Sustenabilidade e Global Goals en arquitectura.

 


Cando o proxecto dá o salto do extraescolar ao escolar pasa a denominarse Repensando a escola. Imos afondar no espírito deste proxecto educativo integral e experimental, focalizado no traballo colaborativo e que favorece o espírito de comunidade dentro da escola e coa súa contorna. Desenvólvese conxuntamente co claustro, AMPAS e alumnado.
 
Visitar