Reto de la Raposa Fedella | Guerrero Celta y Santa

Que poden ter en común un guerreiro Celta e unha  Santa !? Para descubrilo só hai que aceptar o novo reto da RaposaFedella!

A nosa pícara amiga está convencida de que vai desconcertar a vosa audaz cativada con este desafío, baseado en dúas esculturas icónicas da exposición Galicia, un relato no mundo : O  Guerreiro celta de Narciso Pérez Rey e A Santa de Francisco Asorey.
 
Animade os vosos pequenos e pequenas a xogar con Fedella nesta enxeñosa versión da clásica procura das diferenzas, pero que tamén pescuda nas similitudes. Credes que poucas? Pois, quizais vos sorprendan tanto coma os coñecementos que teñen da arte @s vos@s nen@s e que seguro descoñeciades!

Premede na imaxe da Raposa Fedella para botar a andar  unha das novas Aventuras no monte da artes!