#MuseumWeek 2020 | Tod@s unid@s

#MUSEUMWEEK 2020 | TOD@S UNID@S

Desde que naceu en Francia en 2014, a #MuseumWeek convertiuse nun punto de reunión para máis de 60.000 entidades culturais e particulares que participan nun cento de países ao que se suma un ano máis o Museo Centro Gaiás da Cidade de a Cultura de Galicia. Nesta cita en Twitter ofrecemos durante 7 días (Do 11 ao 17 de maio) contido da nosa programación cultural vencellado cos 7 cancelos que nesta edición 2020 ten como  lema #Togetherness (Tod@s unid@s), motivo que cobra especial relevancia na situación de emerxencia sanitaria que vivimos a nivel mundial.

Luns 11 de maio  | #heroesMW  
Martes 12 de maio | #CulturaencorentenaMW 
Mércores 13 de maio | #xunt@sMW
Xoves 14 de maio  | #RecordosMuseoMW
Venres 15 de maio  | #ClimaMW
Sábado 16 de maio  | #TecnoloxíaMW
Domingo 17 de maio | #SoñosMW


Luns 11 de maio  | #heroesMW  

#MuseumWeek deste 2020 arranca cun tema que nos atingue a toda a sociedade, tamén ao sector da cultura: o estado de alarma sanitaria polo COVID-19. De aí, que dun xeito solidario e imprescindible o tema co que bota a andar a edición deste ano é para recoñecer os traballadores e as traballadoras que se enfrontan á pandemia co cancelo #heroesMW

Precisamente,  a Cidade da Cultura de Galicia desde a primera semana ten prendidas de verde as Torres Hejduk do Gaias como xeito simbólico de apoiar e solidarizarnos co persoal sanitario, de limpeza de hospitais, de servizos de alimentación e todos aqueles imprescindibles que non pararon de traballar polo benestar común.

Martes 12 de maio | #CulturaencorentenaMW 

O segundo día da #MuseumWeek está tamén vencellado estreitamente coa crise do coronavirus para abordar a cultura durante a corentena  #CulturenCorentenaMW, cancelo inspirado na iniciativa do Museo Getty (#ArtInQuarantine). No medio desta vaga de peches, de cancelacións, o Museo Gaiás uniuse a ese contrataque cultural no confinamento que protagonizaron outros museos, bibliotecas, teatros, poetas, músicos, etc .

O obxecto foi  levar arte, danza, literatura ás casas, sumándonos a esa ida na que cremos de que a cultura protexe, alenta, inspira e, nestes días de illamento, une. Deste xeito, activou toda unha programacion cultural en liña, que vai desde a exposición virtual da exitosa Galicia, un relato no mundo; ofrecer de balde catálogos de exposicións (Valor e mestríaPensar coas mans Galicia, un relato no mundo); a  fíos en Twitter divulgativos (Domingo da Andrade ou da arquitectura do Gaiás); o acceso libre, íntegro e gratuita a pezas teatrais gravadas no Gaiás (Don Juan, da compañía galega Voadora); ou un curso de fotografía co móbil e desde a xanela do obrigado confinamento (Clix Xanela). Unha programación cultural na que non está desantendida a cativada da casa: retos vencellados coa arte (Raposa Fedella) e contacontos por Internet (Club das lerchiñas).

Mércores 13 de maio | #xunt@sMW

A #MuseumWeek2020 propón para o mércores 13 incidir en que estamos ante unha crise á que a sociedade e o sector cultural  se ten que enfrontar unido. De aí que o tema principal sexa #Xunt@sMW . Neste cancelo a Cidade da Cultura participa botando man desas actividades nas que é imprescindible o traballo e o esforzo en grupo, o intercambio e colaboración creativa e a empatía.

Nestes casos, temos un claro exemplo na residencia artística do Encontro de Artistas Novos (#EAN); na peza artística creada no último Día Internacional dos Museos, #Enleadas; no curso de retrato con adolescente #NoMuseopolacara; e nas exposicións sobre o traballo das #Redeiras ou da arquitectura para a cativada: #Argallar.

Tamén están vinculadas con este cancelo as intervencións artísticas Reb(v)eladas na paisaxe, pois trátase dun traballo onde comisarias e artistas participantes (un total de seis) traballan estreitamente para adaptar as súas ideas creativas á contorna.

Xoves 14 de maio  | #RecordosMuseoMW

Precisamente, o xoves 14 toma relevo para este cancelo o de #RecordosMuseoMW  no que incidimos nesa programación cultural clásica e consolidada xa na axenda da primavera do Gaiás e que lamentablemente a crise obríganos a rescatar da memoria: Cidade Verde, Holi Gaiás ou Cidade Imaxinaria

Tamén no noso recordo, están as numerosas intervencións nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura de artistas de recoñecida traxectoria, amosando este espazo como un importante na programación expositiva que completa á do Museo Centro Gaiás. Así, ao longo destes anos, gozáronse de creacións de Pamen Pereira, Alejandra Sampedro, Ramón CondeAna Soler, Sonia Navarro ou de Irma Álvarez Laviada.

Venres 15 de maio  | #ClimaMW

Na recta final da #MuseumWeek, esta edición volve facer unha chamada de corresponsabilidade co cambio climático co cancelo #ClimaMW e no que a programación cultural do Gaiás amosa sempre unha especial sensibilidade, un número importante de intervencións artísticas nas Torres Hejduk teñen posto o aceno neste aspecto: Betula Pendula ou Plástico a mareas, entre as máis recentes.

Sábado 16 de maio  | #TecnoloxíaMW

A innovación ou a tecnoloxía é un tema recorrente na #MuseumWeek e este ano tamén ten o seu cancelo #TecnoloxíaMW. No Museo Gaiás algunhas seccións das súas exposicións non serían posibles sen esta ferramenta, sobre todo vivímola en Galicia, un relato no mundo, con abraiantes aplicacións interactivas ou no feito de que agora mesmo poidamos seguir gozando dela, grazas a súa versión virtual. 

En concreto, tivo un grande éxito entre as e os visitantes recurso da realidade virtual da experiencia de revivir a partida a Amércia nun trasaltántico ou  e a mesa interactiva do Camiño de Santiago, no que a tavés das ferramentas empregadas nos videoxogos, reconstruise a historia do Camiño na Idade Media.

Domingo 17 de maio | #SoñosMW

A #MuseumWeek2020 pon o alfinete ata o ano que vén cun día dedicado a que nos deixemos levar polo que soñamos e compartilo co cancelo #soñosMW . No Gaiás temos moitos, pero quizais o máis desexado --tras o primordial de devecer pola recuperación de todas aquelas persoas afectadas pola pandemia-- é o de compartir e compartirnos coa nosa xente; sexa nunha programación cultural, nunha reunión familiar ou nunha quedada con amig@s. E contamos con moitas actividades onde se gozou deste xeito (Atardecer no Gaiás, Magosto, Nadal no Gaiás,  Día dos Museos, Letras Galegas...) e imos compartilas, porque máis ca un soño é unha realidade ás portas.