Nadal no Gaiás | Pequena grande urbe de conto

Multitude de casiñas de cores, renos, bastóns de caramelo, trasnos, farois, varios personaxes carismáticos e moitas luces recrearán un pequeno mundo na Cidade da Cultura de Galicia, onde a cativada e a que nunca deixades de selo vos sintades protagonistas dun verdadeiro conto de Nadal.

Esta pequen grande urbe de conto estará ateigada de formas e figura fantásticas creadas con globos de cores e tamén de espazos para obradoiros, nos que contaredes con material que vos permitirá adornar a grande árbore de Nadal no Gaiás que preside esta cidade máxica.

 
En familia