Descubrindo o Castelao maxistral con... Miguel Anxo Seixas

Miguel Anxo Seixas, comisario da mostra Castelao maxistral, é historiador pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Arte Moderna e Contemporánea. Na actualidade, é coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura ademais de Vicepresidente da Fundación Castelao.

As súas liñas de investigación céntranse na intelectualidade galega, e é autor de numerosos estudos e escritos sobra a figura de Castealo, no ano 2017, presentou a tese de doutoramento baixo o título Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Biografía dun construtor da nación.

Vén comisariando numerosos proxectos expositivos como Unha mirada ao pasado, exposición de fotografía celebrada no Centro Social Afundación Ourense; Ruth Mathilda Anderson. Unha mirada de antano, Centro cultural Novacaixagalicia, Vigo, Centro Sociocultural Afundación Ferrol, Centro Sociocultural Afundación Lugo, 2011; O Himno, Os tempos son chegados, Museo Provincial de Lugo, 2008 ou Con Fío en Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, 2016.

Na súa descuberta para un percorrido polas escolas primairas en Galicia entre 1900 e 1936, baixo o título 'Porqué o mestre non fala igual ca nós?'


 
Exposicións