O hipertexto, o código e os algoritmos deron lugar a un novo universo estético baseado no que Byung-Chul Han denominou “o pulido”, é dicir, unha mirada que non dana e non ofrece resistencia, na que o belo natural hase atrofiado no liso e pulido do belo dixital. A verdade foi substituida pola nudez do dato, que se erixe como o novo logos do que algúns decidiron chamar teocracia computacional. Abordaremos os sistemas complexos de datos e como estes son transformados mediante visual data en formas/soluciones funcionais e lexibles para o espectador.
Participan:
Alexandra de Requesens e Axel Gasulla forman parte de Domestic Data Streamers, un colectivo de arquitectos, psicólogos, deseñadores e científicos convencidos de que o que fai que a información transcenda non é a información en si mesma senón a maneira como a explicas. O seu proxecto tróuxoos a Londres e a Qatar e deseñaron sistemas interactivos e experiencias para os premios LAUS, o DHUB ou o CCCB. O obxectivo? Romper o monólogo da información e achegar a percepción que todos temos da realidade á propia realidade. www.domesticstreamers.com
Francesco Maria Furno e Pablo Sánchez Galeano son os fundadores de Relajaelcoco, un estudo de deseño gráfico multidisciplinar en activo desde 2008. Centrados na infografía e o deseño editorial, o seu afán por renovarse levoulles a traballar en sectores onde a innovación ou o proceso de creación e realización implican un reto constante, abarcando a realidade virtual ou a analítica de datos. www.relajaelcoco.com
Modera:
Oswaldo García Crespo, profesor do Departamento de Comuniciación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo.
