WOS 2018 | ENCONTRO CON PETER KEMBER (SONIC BOOM)

Peter Kember (Rugby, 1965) é todo un referente de culto. Ao longo de máis de tres décadas de carreira este devoto dos sons subterráneos e os paraísos artificiais labrouse unha reputación lendaria como personaxe excéntrico e difícil, por máis que, parafraseando ao seu admirado Phil Spector, “coñecelo é amalo”. Cun pé no space rock e baixo o alias de Sonic Boom, formou parte de bandas seminales como Spacemen 3, ademais de liderar proxectos como Spectrum ou E.A.R. (Experimental Audio Research) e colaborar con grupos da talla de Stereolab, Panda Bear, MGMT ou Yo La Tengo. Falaremos de todo isto (e moito máis) como aperitivo á súa actuación no festival o xoves día 13.

Modera:

David Bizarro é coordinador da sección Encontros do WOS Festival, colaborou con diversos medios como El País, Cadena SER, Número Cero e Canino, e editoriais independentes como La Felguera, Karate Press ou Libros Walden.

 
Música & Escena